DSC08280

Os ventos fortes patagónicos bicaron a bandeira xalleira.

DSC08013

As cantareiras do colectivo xalleiro en Arxentina, agrupado entorno participaron nunha excursión cultural a zona máis austral da Patagonia. Alí ondearon a bandeira de Santa Comba, ante os fortes ventos reinantes.

 

Asistiron a inauguración dunha exposición chamada “Miradas en el Camino de Santiago” promovida pola Xunta, visitaron a Casa de España, e actuaron nun festival folclórico en Puerto San Julián, entre outras actividades, segundo nos relata a nosa querida amiga María José Gerpe. Nunha das súas actuacións, intepretaron unha canción na honra da Virxe da Barca nunha capela desa zona.

 

DSC08348

 

O GALOPATO TAMÉN NA PATAGONIA

 

As cantareiras da asociación Santa Comba de Xallas levaron a bandeira municipal o Glaciar Perito Moreno de Calafate, deixando réplicas dos escudos do concello por alí onde pasaron. Ata aló tamén chegou o noso galopato porque nunha das fotos, Fina Gerpe, posa coa nosa camiseta.

 

DSC08350