Image
O PSOE da Costa da Morte  valorou a inclusión de varios candidatos da zona nas listas electorais e anuncia a celebración dun mítin de pre-campaña o vindeiro mércores en Cee, coa presencia de Mar Barcón.

O Comité  electoral congratulouse pola inclusión nas listas definitivas do PSdeG-PSOE pola Provincia da Coruña, dos nosos Candidatos da Costa da Morte: Marisol Soneira Tajes (Camariñas), José Marcote Suárez (Fisterra) e María Luísa Tajes Rama (Carnota).

Tamén anuncian   o primeiro Mitin de Pre-Campaña, que se realizará o vindeiro día 4 de febreiro, ás 08h:30m, no Salón de Actos do Concello de Cee. No Mitin interviran: Amancia Trillo Lago, José Marcote Suárez  e Mar Barcón Sánchez.

Desde  PSOE destacan o éxito da súa campaña informativa que se “está a realizar dende finais do ano pasado, fogar por fogar dos nove Concellos da Comarca”. Aseguran que o resultado está sendo espectacular e comentan que seguen traballando pola zona para evitar “que o escurantismo, a desidia, e o derroche da Dereita, con líderes como Feijoo, Rajoi, Aznar e o intensivo Fraga derruben o bo traballo que se está a realizar dende o Socialismo”.