Image

Despois das  denuncias que deixou Xoán Gato sobre o “derroche” de Touriño e do goberno galego, visitaba Carballo a candidata nacionalista Ana Pontón, que o ser preguntada por esta polémica referiuse a que “O PP demostra que non ten ideas” e a practicar a “carroñería” política.

A pregunta era se lle parecía normal todo o que se estaba a falar, (despois das informacións publicadas no diario ABC) do derroche da Xunta de Galicia, do costoso Audi, das sillas de 2.300 euros a unidade e das reformas de despachos . E a número dous polo BNG na Coruña indicaba, sen valorar en ningún momento a noticia:

 

“O PP está demostrando que non ten ideas e se lanza a intentar atacar con cousas que pensan que poden ter un certo apoio social. A xestión dos fondos públicos ten que facerse desde a responsabilidade e desde un control exhaustivo. E nós se sabemos dalgún tipo de despilfarro seremos os primeiros en censura-lo e denuncia-lo”.

 

Pontón indicaba que o Partido Popular non era a formación indicada para este tipo de denuncias, citando o “capricho de Fraga” da Cidade da Cultura, ou da residencia de Monte Pío.

 

Pero na sintonía de Protagonistas Noroeste insistiuselle en que se preguntaba polos artigos publicados no xornal ABC e non polas declaracións do PP, e a este respecto plantexouselle a deputada nacionalista se identificaba as informacións dos xornalistas coa campaña do PP a que ela aludira.

 

“Non digo que sexa o mesmo, pero eu estas acusacións escoiteillas ós responsables do PP” aclaraba Pontón que matizaba que respetaba a independencia dos medios pero que todo este tema coincidía “coa liña de actuación do Partido Popular”.

 

Se ben e certo que as informacións do xornal ABC, serviron para abrir un frente dialéctico desde o Partido Popular, en anosacosta.com xurdiron a raiz das declaracións do líder de Terra Galega Xoán Gato coincidindo coa súa visita a Carballo.