Image
O Presidente provincial  e cabeza de lista dos populares pola Coruña, visitou hoxe a localidade de Fisterra onde explicou a promesa de Núñez Feijóo de crear unha Consellería do Mar. Carlos Negreira denunciou que a actual Consellería de Pesca deixou sen executar a metade do orzamento.

Na súa visita a confraría de Fisterra, o candidato do PP  lembrou a proposta do seu partido de crear unha Consellería do Mar, para dar un novo impulso a este sector.Apostou por negociar co ISM  para que as revisións médicas dos mariñeiros se realicen nun só día e “non en dous como está ocurrindo desde a chegada do goberno bipartito para evitar que a xente do mar perda días de traballo e os patróns teñan que amarrar as súas embarcacións”.

Carlos Negreira tamén apelou a necesidade de “melloras o marketing dos productos para poñer en valor o peixe galego”, e afirmou que o novo goberno do Partido Popular elaborará unha nova Lei de Pesca, para reducir a “maraña administrativa que existe actualmente”.Tamén reprochou o bipartito formado por PSOE e BNG  de provocar “a desaparición de moitos postos de traballo na pesca” ante a súa falta de apoio a este sector, e o seu intento por facer desaparecer as confrarías.

Image

“A Consellería de Pesca deixou sen ejecutar máis do 50% do presuposto. Mentras o sector agoniza, a conselleira permítese o luxo de deixar de invertir 121 millóns de euros como se a xente do mar non o necesitara”

O líder provincial recordou que “O PP levou a cabo a reordenación do peirao de Fisterra, mentras que o actual goberno foi incapaza de poñer  uns simples vestiarios na lonxa”, e achacou a incompetencia da Xunta que non se levara a cabo o peirao de Sardiñeiro cando o anterior goberno deixara un millón de euros presupostados no ano 2005

.