Image
Ofrecemos a primeira parte duns artigos que pretenden aportar datos e algunhas reflexións sobre as anteriores eleccións, para que nos sirvan de referencia e de documento comparativo ou tan só como curiosidade. Comenzamos polas comarcas de Xallas e Soneira.

Analizamos a cita electoral (1)

Evidentemente a situación cambiou. Non está Fraga e chegou Alberto Núñez Feijóo. E os outros dous candidatos repiten despois de estar esta legislatura no goberno. Referímonos a Emilio Pérez Touriño(PSOE) e a Anxo Quintana. Mesmo algúns candidatos da bisbarra cambiaron de posición e aparecen novas formacións coma Unión Progreso y Democracia ou Terra Galega. Hai moitos factores que condicionan o voto de moitas personas, por ese motivo moitas enquisas se equivocan e os resultados manteñen o seu misterio ata o fin, aínda que os movementos de escanos duns comicios a outros non sexan excesivamente. Desde Anosacota creemos que pode ser unha ferramenta útil ter coma referencia os datos de fai catro anos nas eleccións de 2005, que son os resultados que se utilizan nas comparativas, porque cada elección é diferente.

Hoxe comenzamos polas comarcas de Soneira e Xallas. Nos datos por concellos, primeiro figuran os votos conqueridos no 2005 e ó seu carón os do 2001. En eleccións autonómicas, por suposto.

Terra de Soneira:

PP- 5.055 votos
PSOE- 4.358
BNG-   2.318

Camariñas-
                           2001
PSOE- 1.704  –  1.395 
P.P.   –  1.584 – 1.268
BNG –     355  –    602

Vimianzo-

PSOE- 1.969 – 1857
P.P.-     1.734 – 1.785
BNG-    1.134 – 1.059

Zas-

PP- 1.737 – 2118
BNG- 829 -722
PSOE- 685 – 450

O PSOE vencía nos concellos de Vimianzo e Camariñas mentras que en Zas o Partido Popular obtiña unha victoria contundente.  En Camariñas, aumentaba a participación en sete puntos e medio ata superar o 70% e sufría unha importante debacle o Bloque Nacionalista Galego. Nestas eleccións segue estando en postos de saída a candidata socialista Marisol Soneira Tajes, natural deste concello. En Vimianzo, o PSOE gañaba, o PP perdía votos e o BNG ascendía, nun punto de respaldo importante en toda a bisbarra. Máis do 70% de participación, rexistrando unha subida de seis puntos porcentuais con respecto a 2001. Nestes comicios nas listas figuran os vimianceses Manuel Antelo Pazos(BNG), que mellora a súa posición e figura no sétimo lugar e tamén participa na convocatoria o escritor Alberto Lema Suárez, na F.P.G.. Polo que respecta a Zas, a participación tamén medra pero queda nun 68%, e o Partido Popular aínda arrasando perde preto de 300 votos. O BNG neste municipio é a segunda forza. Nesta cita, preséntase por Terra Galega o actual teniente de alcalde, José María Calo Varela.

Terra de Xallas-

PP- 5.500
PSOE- 2.037
BNG-   1.406

Santa Comba-
PP- 3.945  – 3.903
PSOE- 1.467 – 1.010
BNG- 890  –  1.179

Mazaricos-

PP- 1.555 – 1.621
PSOE- 570 – 452
BNG- 516 –   618

Dúas caras ben distintas no tocante a participación. En Santa Comba por riba do 71% e en Mazaricos nun pobre 57%. E coa salvedade que ningún dos partidos leva candidatos desta bisbarra nesta ocasión. Só o candidato número un do PP, pola Coruña Carlos Negreira Souto e fillo de xalleiros de Grixoa de Esternande. Nos dous concelos as victorias do PP foron amplas e mantiveron o seu electorado fiel. En Santa Comba no 2005 o PSOE conseguía recuperarse do batacazo do 2001, onde fora desprazado polo Bloque, e en Mazaricos o PSOE superaba os nacionalistas.