Image

O candidato Alberto Sueiro(PP) insiste en que a grande prioridade do PP se acada a maioría absoluta que agardan será a creación de emprego e buscar solucións a crise económica que estamos a padecer. "Porque sabemos como face-lo". Pide o voto da Costa da Morte para  cambiar as cousas.

Alberto Sueiro, candidato do PP pola provincia da Coruña.O carballés Alberto Sueiro Pastoriza volveu a ser o elixido polo PP, para representar a comarca. Se se repiten os resultados de 2005, Sueiro volverá a ser deputado autonómico. Nunca entrevista concedida e El Periódico, considera que o goberno PSOE-BNG foi unha auténtica estafa para a Costa da Morte, e cita a paralización de proxectos como a vía de alta capacidade, a planta acuícola de Touriñán, ou a promesa incumplida de reducción da peaxe na A-55. Sueiro Pastoriza insiste en que a grande prioridade do Partido Popular se acada a maioría absoluta que agardan será a creación de emprego e buscar solucións a crise económica que estamos a padecer. "Porque sabemos como face-lo". Pide o voto da Costa da Morte para Alberto Núñez Feijóo para cambiar as cousas.

Image

P-¿Qué balance fas do goberno PSOE-BNG?

R-Teño que insistir en que o bipartito foi unha gran estafa. Fixeron tres estafas básicas.Non teñen nada novo que presentar , só primeiras pedras, promesas e aprazamentos. Nestes catro anos a principal actuación era a autovía, porque é unha arteria fundamental. Xa en 2005 sde podía contratar tal é como deixara o Partido Popular previsto. Hoxe, nin tan sequera está empezada. Así é normal que as empresas non queiran vir.

P- E as outras dúas estafas cales foron.

R-Pois a segunda estafa foi a planta de Touriñán. Pararon este proxecto que ía xenerar emprego. E non se aportou ningunha alternativa. E así os xóvenes seguen marchando a buscar emprego. A terceira estafa foi a peaxe da autovía A-55. Moita xente de boa vontade votou no seu día polo PSOE ou polo BNG, porque Touriño un 8 de xuño de 2005 prometeu que se ía a rebaixar a peaxe ata chegar o custe cero. E aínda sube. Esa xente foi enganada. E por enriba, aquí non se fixo pero neutros sitios de Galicia sí. É un agravio comparativo que completa o triángulo da estafa do bipartito coa Costa da Morte.

 

P- ¿Qué é ofrece o Partido Popular?

R-O Partido Popular ten un proxecto concreto, claro e diáfano, cun líder e con vontade de facer ben as cousas. O que vote ó PP sabe o que está votando. E dous outros nunca saberá a quen vota e dependerá dos pactos que fagan despois. Como ben dixo Alberto Núñez Feijóo, imos a concentrarnos na creación de emprego e loitar contra o paro. E temos a garantía de que o sabemos facer, porque os gobernos do PP souberon resolver ese problemas noutras épocas. E hai que completar un plan sanitario con novos centros de sáude, que xa os tíñamos programados, pero o bipartito nn fixo nin un só. Tamén é necesario definir unha conexión con Santiago mediante unha autovía. E imos a reducir a peaxe da autovía Coruña- Carballo. Nesta lexislatura esta reducción foi unha proposta do Partido Popular no parlamento, que apoiaron PSOE e BNG pero non fixeron nada. Hai que mirar polas xentes do mar, e volveremos a facer un Plan de Acuicultura, pero consensuado con veciños e empresas, non coma este que defendeu o goberno galego.A Costa da Morte está pedindo a berros un Plan de transporte público. Tamén imos a traballar neste sentido para olvidar a decepción do goberno bipartito.

Image

"Imos a concentrarnos na creación de emprego e loitar contra o paro. E temos a garantía de que o sabemos facer, porque os gobernos do PP souberon resolver ese problemas noutras épocas".

 

 

P- Un bipartito que recibiu críticas polo Plan acuícola ou polo Plan Residencial do Solo.

R-Esto está sendo unha marca de identidade. A imposición é a súa maneira de actuar. Impúxose un Plan Acuícola contra a opinión dos veciños e un Plan Sectorial pola vía da expropiación. E un modelo educativo de galescolas que non responde as necesidades. Dín unha cousa e impoñen outra. E iso creo que vai a ser castigado polos galegos e galegas.

 

P- Supoño que teredes unhas boas expectativas, coma todos.

R-A Xente da Costa da Morte non se vai a deixar enganar máis. Aínda nos enganou Zapatero fai pouco dicindo que non habia crise e xa vemos como estamos. Pero non nos van a volver a enganar. Agora teñen que mostrar o pobre balance que teñen nestes anos, non vale só a critica. Levamos moito tempo perdido e cuestión é difícil, pero chegou o momento de remontar o vóo e a esperanza é o PP coa colaboración de todos.O bigoberno pasou máis tempo disctindo entre sí que gobernando e os galegos van a dar unha oportunidade a un equipo encabeza por Alberto Nuñez Feijóo. Estamos convencidos de que somos a esperanza e de que podemos conseguir a maioría absoluta.

 

P- Vostedes criticaron moito os presuntos despilfarros do bipartito.

R- E que a administración non da exemplo. Este goberno non destacou pola austeridade nin pola boa xestión dos fondos públicos. Os gastos corrientes da Xunta de Galicia aumentaron en case cen mil millóns das antigas pesetas. A economía non foi o seu forte e iso que o PP advertía que había que tomar medidas e nos chamaban catastrofistas. Permitíronse tamén luxos asiáticos coma mercar sillas a 2.400 euros ou o famoso coche de Touriño.

"Este goberno non destacou pola austeridade nin pola boa xestión dos fondos públicos. Os gastos corrientes da Xunta de Galicia aumentaron en case cen mil millóns das antigas pesetas".