Image

Alberto Núñez Feijóo ofreceu  un mitin no Pazo da Cultura de Carballo que se encheu ata a bandeira.  No seu discurso pediu o apoio da bisbarra para poder gobernar, anunciou varias propostas e só fixo ataques concretos a PSOE e BNG “porque eu veño a explicar o meu programa”. Prometeu unha baixada de impostos e varias medidas.

Crónica e Fotos de Xosé Manuel Lema.

Un día despois da visita de Anxo Quintana voltamos a Carballo, esta vez ó Pazo da Cultura para asistir ó mítin do Partido Popular. Media hora antes xa percibimos como se ía a abarrotar o auditorio. Finalmente unhas seiscentas personas (algunha sentadas nos pasillos) presenciaban o mítin. Os xornalistas estaban fora nun espazo habilitado a maiores, e os colaboradores do PP esforzábanse en distribuir caramelos, mecheiros, bolígrafos, folletos e bandeiras co lema: “Chegou o momento”. Primeiro baixaron, entre aplausos, Carlos Negreira, Alberto Sueiro, e os alcaldes de Cabana, Ponteceso, Laracha, Coristanco, a deputada Carmen Borbujo, e os candidatos Marisol Piñeiro, Gema  Freire. Feijóo cegaría máis tarde.

Image          Image

A intervención inicial correspondíu a Carlos Negreira que arrancaba  anunciando que “faltan dez días para que Feijóo sexa presidente”. E logo pintou unha paisaxe desoladora: “Temos 50.000 desempregados máis desde que chegou Touriño”. E referiuse a “ese marabilloso coche fantástico de 82 millóns de pesetas. E máis caro que o de Obama que dín que ten un lanzagranadas. Que carallo terá o coche Touriño”. Negreira denunciou que o bipartito “non ten escrúpulos e séntase en sillas de máis de 2.000 euros”.

Image

O segundo era o carballés, Alberto Sueiro, que afirmou que estábamos ante un “momento histórico”, xa que un partido que estaba na oposición tiña posibilidades de alcanzar a maioría absoluta. “Non nos van a enganar dúas veces-manifestaba Sueiro- Queremos un presidente e non dúas fotocopias de presidentes”. Lanzou o dato de que máis de 300 empresas de Bergantiños e da Costa da Morte pecharan baixo o goberno de PSOE  e BNG. “Non houbo nin unha soa obra que iniciara e rematara este bipartito”,  comentaba o deputado carballés, que tamén se referiu o goberno local como exemplo de paralización porque “só temos propaganda, rotondas e estatuas”. Criticou o Plan de Acuicultura que “ninguén quere”, o Plan Residencial do Solo, dixo que os gobernantes “estafaran” a nosa zona.

Image           Image

E chegou Alberto Núñez Feijóo, entre fortes ovacións. Entrou no auditorio e xa recibía os berros de “Presidente, Presidente”. “Non hai mellor forma de comenzar un mítin”, declaraba Feijóo, nun discurso con poucas alusións a Touriño e a Quintana. “Eles non queren falar do que fixeron, porque non teñen que decir, sólo falan de Feijóo para aquí e Feijóo para alá e nós imos a explicar o noso programa”.

Para o líder do PPdG, “Galicia ten que dar máis de sí, e ten que ter un goberno que non sexa un obstáculo para o progreso”. E defendeu unha actitude inconformista en tódolos ámbitos e como fórmula de éxito. “O inconformismo permanente debería ser unha ideoloxía. Temos que ser inconformistas e a miña será unha presidencia inconformista”.

Image   Image

No seu discurso tivo varias alusións a Carballo, Ponteceso, Malpica e a Costa da Morte, e dirixiuse tamén os desencantados e as personas que non están conformes co bipartito: “Pido o apoio desas personas porque nós queremos gobernar para unir non para dividir”. Núñez Feijóo anunciou unha baixada de impostor como eixo fundamental conta a crise.

Image         Image

“Somos os cidadáns os que debemos reactivar a nosa economía e o camiño non é o despilfarro de impostos en gastos absurdos e medidas tan efectistas como ineficaces;  o camiño é a baixada de impostos e a planificación estratéxica no  investimento”.

Image

Tamén apostou polo eido da innovación,como aposta de futuro para Galicia, e fixo referencias a “pagar o que se debe da Lei da Dependencia”, impulsar o coñecemento de tres idiomas, medidas de impulso do agro e do mar, ou facilitar o acceso a vivenda para os xóvenes. Logo despois dunha hora e poucos minutos, subiron candidatos, alcaldes e portavoces municipais e tocron as palmas a ritmo de Los Limone. Os poucos minutos Feijóo abandonou o Pazo da Cultura, lentamente, repartindo abrazos.