Image
A candidata coristanquesa Laura Tasende Cancela pedía hoxe o voto para Terra Galega. É consciente da dificultade de obter representación pero confía en que finalmente poidan lograr o obxetivo. Critica o PSOE “porque quixo o poder a toda costa ” e o BNG por aproveitarse da situación”.Tamén denunciou o "derroche" do goberno galego.

Laura Tasende contou a súa entrada na política activa, dada a situación que afirma que se vivía en Coristanco “cunha situación de abandono onde a oposición tampouco facía nada. A xente está queimada sempre cun sí,sí e sen respostas. A oposición non existía e olvidábase despois das eleccións”.

E agora é unha das personas da bisbarra nas listas de Terra Galega que suspende a acción do bipartito.

“O PSOE quixo o poder a toda costa e fixo concesións e o BNG aproveitouse desto, e agora temos unha Xunta con dúas cabezas”.

Image

Tasende amosouse preocupada polos polémicos gastos do goberno galego xa que
“Con todo este derroche podíanse facer moitas cousas, por exemplo nos servizos sociais da Galicia rural”. Considerá que se necesita un cambio, pide a xente que escoite ós candidatos de Terra Galega e lea o seu programa e destaca as fórmulas que está aportando o seu líder Xoán Gato.

“ Con este goberno bipartito estamos peor que antes. Tega é unha alternativa e pensa que podemos cambiar Galicia e superar o seu deterioro social e económico".