Image
Un dos responsables de prensa do BNG, púxose en contacto con anosacosta para lamentar que por culpa dun "erro técnico", este medio non fora citado ó acto político celebrado en Santa Comba. Agradecemos esta aclaración.

Desde o equipo de prensa do BNG, David González aclarou que o único motivo polo que Anosacosta.com non foi convidada ó mítin de Santa Comba, foi "cuestión dun erro técnico" a hora do envío da convocatoria e da ubicación territorial do noso medio. Agradecemos a chamada do Bloque para clarexar este asunto, e damos por explicado o tema.

De tódolos xeitos, este medio publicou íntegramente a nota de prensa que nos remitiron, xunto coas fotografías achegadas. Anosacosta.com consciente tamén das limitacións que ten como medio de comunicación humilde, decidiu cubrir os actos políticos que se celebraran en Santa Comba e Carballo. Na Terra do Xallas, estivo nos do PSOE e PP, e na capital de Bergantiños nos de Terra Galega, Partido Popular, BNG e PSOE.

 

Aproveitamos para convidarvos a seguir a noite electoral nesta web, e agradecer o importante aumento de visitas e usuarios que estamos rexistrando de xeito continuado. Moitas gracias.