Image
No medio de tanta polémica, o candidato nacionalista Manuel Antelo cree que o PP está desenvolvendo unha campaña "de enlodamento", e expresou as súas dúbidas de que o candidato popular, Carlos Negreira "chegue a tomar posesión da súa acta".

Manuel Antelo Pazos considera que "ao PP véselle o plumeiro", e que tratan de ensuciar a campaña electoral para beneficiarse o vindeiro 1 de marzo. E sen dar nomes, asegura que ten o apoio de "determinados medios de comunicación". Pero asegura que os verdadeiros problemas están dentro do Partido Popular. Hoxe , en Punto Radio Noroeste disparou contra Carlos Negreira Souto:

"Moitos dubidamos que o candidato número 1 do PP, o Sr. Negreira chegue a tomar posesión da súa acta de deputado, tendo en conta que a Fiscalía está estudando o informe do Consello de Contas onde se detectaron irregularidades como xestor, que estuvo a fronte de Portos de Galicia".

Nestes micrófonos aproveitou para pedir o voto para o BNG, xa que "as políticas do BNG supuxeron un cambio para a Costa da Morte e non debemos de dar marcha atrás".