Image
O mitin do PSOE en Camariñas serviu para que a candidata número 1 pola Coruña, Mar Barcón fixera unha pequena homenaxe a candidata local, Marisol Soneira, porque nunca lle perdonaremos a determinada xente que puxera en cuestión a honestidade de Marisol Soneira"

Na Casa de Pedra de Camariñas, falaron a responsable local, Encarna Liñeiro, o alcalde Manuel Alonso e as candidatas Marisol Soneira e Mar Barcón.

Barcón dixo que "O domingo decidimos se queremos que continúe un goberno que traballa polos que menos teñen. Nós queremos gobernar só cunha bandeira: defender ás persoas. Só temos unha patria e unha bandeira que son os dereitos das persoas", manifestou Barcón.Por iso pediu o voto maioritario para Emilio Pérez Touriño, "pola Costa da morte, por toda Galicia, pola familias familias que teñen fillos e polas familias que teñen persoas enfermas, porque un día pensaron que foi unha boa idea que un socialista puxera nunha lei a palabra dependencia, da que outros non se acordaron durante o milagro económico.

A candidata da Costa da Morte, Marisol Soneira, dixo que "se alguén non naceu en Camariñas e debería ser fillo adoptivo de Camariñas, é Emilio Pérez Touriño" porque imos ter, grazas a esta Xunta de Galicia, "a mellor fachada marítima, non só da Costa da Morte, eu diría que de toda Galicia"."Non podemos permitir que volvan tratar a Camariñas, nin a Costa da Morte, co desprezo co que o fixeron no pasado. Hoxe están aquí as inversións, pero 16 anos despois", dixo Soneira, e engadiu que "para un municipio como Camariñas as eleccións máis importantes son as autonómicas", porque o saneamento, a educación, a sanidade, dependen da Xunta de Galicia.