Image
"Son bulos de xente sen proxectos" respostaba Negreira ás declaracións de Manuel Antelo(BNG) que recollía anosacosta. O candidato popular confía en que Núñez Feijóo sexa o vindeiro Presidente da Xunta.

As declaracións de Manuel Antelo Pazos sobre a actuación da Fiscalía e que podería afectar a xestión de Carlos Negreira en Portos de Galicia, tiveron hoxe a desposta do candidato coruñés:

 

"Son bulos de xente sen proxectos. Intentan xogar coa xente honrada. Pero eu son o fillo de Alfredo e de Josefa e ando pola vida con honestidade. E de verdade que quero expresarlle os gandeiros que estou preocupado polos prezos do leite e ós mariñeiros dicirlles que tamén o estou porque a pescada ou o xurelo teñan un prezo digno. E sobre todo cando o goberno bipartito promocionaba a peixe panga en vez dos productos galegos".

 

Carlos Negreira

Carlos Negreira

O candidato número un pola Coruña expresou a súa convicción de que "chegou o momento de ter unha Galicia con rumbo fixo e para todos, non dous gobernos , un para o PSOE e outro para o BNG, senón que queremos un goberno para todos". Carlos Negreira está esperanzado en que Núñez Feijóo e o PP acaden a maioría absoluta, e que tamén a lista que el encabeza pola provincia obteña uns excelentes resultados en Bergantiños, a Costa da Morte "e tamén na bisbarra do Xallas, onde teño unha ligazón vital".