Image
O segundo avance cambia a tendencia do descenso electoral do primeiro, e rexistra un incremento en tódolos nosos concellos, cunha subida destacada en Cabana ou Dumbría. A excepción é o municipio de Santa Comba cun 0,98% menos. As oito pechan os colexios e comenza o escrutinio.

BOLETÍNS INFORMATIVOS PERMANENTES DA XORNADA ELECTORAL.

18,20h.
A participación no concello de Santa Comba diminúe un 0,98%. Siga os resultados en Anosacosta.com

18,05h.

Más datos do segundo avance. E máis incrementos: Mazaricos(5,70%), Vimianzo(6,99%), Fisterra(2,88%), Malpica(6,95%), Carballo(3,86%), Laracha(3,76%), Coristanco(3,35%), Carnota(4,19%). O maior aumento estáse rexistrando en Cabana de Bergantiños(9,15%).

17,36h.

O aumento da participación na zona é palpable en municipios coma Muxía (57,27%) con 6,47% máis, ou Zas cun 7,66%,Camariñas(4,63%), Cee(3,58%), Dumbría(9%), Ponteceso(7,65%), ou Corcubión(6,11%). Todos estes municipios creceron neste segundo avance.

17,20h.

Segundo Avance: A nivel xeral cambiou a tendencia de participación e nos datos autonómicos, este rexistra un aumento. En Camariñas a participación aumentou máis de catro puntos porcentuais e no caso de Laxe o incremento é de 2,69%.Nuns minutos completamos os datos dos concellos da zona.

15,41h-
A media de participación en Galicia no primeiro avance foi dun 16,11% fronte o 18,80%. Faltábanos o dato do concello de Carnota que foi dun 18,08%. No 2005 fora dun 19,30%.Pasadas as tres da tarde no colexio da Braña- Erbecedo, Coristanco votaba a candidata de Terra Galega, Laura Tasende Cancela.

14,02h.-
Primeiro avance por comarcas. En Galicia a participación baixou dous puntos porcentuais e na Coruña amosou cifras semellantes . Este descenso non se reflexou de momento nas nosas bisbarras. Xallas e Soneira incluso aumentaron a súa participación. A partires das cinco do serán teremos un novo avance.

                 2005     –  2009
Soneira    17,60%  – 18,05%
Fisterra     19,00%-   18,43%
Xallas       18.70 % –  19,61%
Bergantiños 18,10 %- 17,03%

13,50h.

E na Laracha  tamén descendía a participación neste primeiro avance cun,1,60% menos de votantes. Sen embargo, había subidas significativas en contra da tendencia xeral de Galicia, en Mazaricos(2,17%), Cabana(2,65%),Zas(1,40%),Camariñas(1,19%),Dumbría(1,57%), Corcubión(1,51%),Malpica(1,19%), Ponteceso(1,54%). En Santa Comba, mantéñense os índices con dúas décimas por riba do 2005.As 13,00h emitía o seu sufraxio no colexio electoral do Pindo, a candidata Marisol Piñeiro Martínez(PP).

13,45h.- Fotografía da votación na mesa de Castromil- Vimianzo

Image

13,30H. Máis datos do primeiro avance. O Concello de Carballo ofrece o descenso de participación máis pronunciado con  2,17% menos. Un punto menos tamén se detecta en Coristanco, e en Cee a baixada, sitúase nun 1,75%. En Fisterra o retroceso foi leve nun 0,80%.  O candidato popular, Alberto Sueiro Pastoriza(PP) votaba nas escolas do Xardín en Carballo as 12,00h., e aproximadamente media hora máis tarde facía o mesmo en Razo, a candidata do PSOE, María Torres Pose. As 12,45H. exercía o seu dereito en Corcubión, Gema Freire Insua(PP).

12,45h. Os datos completos do primeiro avance reflexan en Galicia un descenso da participación. Descenso leve no concello de Vimianzo que perde só un 0,36% de votantes con respecto o 2005. Máis acentúado en Laxe cun 2,52% menos e en Muxía coa diminución dun 1,5%..Pola contra en Zas (1,40%) e Corcubión(1,55%) rompen a tendencia e aumentan a participación. Tan pronto como se vaian recollendo o restos dos datos do primeiro avance os publicaremos aquí.

12,15h.- Os datos do primeiro avance apuntan a un descenso da participación na Costa da Morte. A nivel galego a participación descende un 3,65%, pero na nosa zona hai concellos que a estas horas perden votantes que elevan os datos a porcentaxes máis elevadas, pero tamén hai casos de maior participación. En poucos minutos ofrecemos a lista detallada.

11,50h.- As 11,30h. votaba no Pazo da Cultura de Carballo a candidata número 3 de Terra Galega, Sisa Méndez Vilalta.

11,15– Lembramos que nas eleccións autonómicas de 2005 no primeiro avance de participación os concellos de Muxía, Santa Comba, e Cee foron os que tiveron unha maior porcentaxe de participación, superior ó 20%. Despois das 12,00 poderemos ofrecer os datos por concellos e compara-los coa anterior cita das autonómicas, xa que os índices de abstencíón poden ser moi importantes.

10.30h.- O Candidato número 7 do BNG, Manuel Antelo Pazos votaba as dez da mañá no Colexio San Vicenzo de Vimianzo. A este hora non temos rexistrada ningunha incidencia na bisbarra e as mesas están constituidas con total normalidade. A partires das 12,00 coñeceremos os primeiros índices de participación. As 10,30h, tamén emitía o seu sufraxio o candidato nacionalista Xosé Regueira Varela(9),no colexio electoral da Cristina, en Carballo.