María Torres

Maria Torres

A candidata socialista, María Torres amosouse sorprendida polos malos resultados do seu partido en toda Galicia e aínda que cree que esta situación debeuse a varios factores que "hai que analizar", apuntou a que " o mellor non soubemos vender todo o  traballo que fixemos".

Podes escoitar en breves momentos a entrevista completa con María Torres Pose na sección de radio a carta, en Anosacosta.

 

Nun xesto moi elegante, María Torres Pose comenzou a súa intervención nos micrófonos de Punto Radio Noroeste-Radio Líder, felicitando o "claro" vencedor dos comicios que foi o PP e o seu candidato pola comarca, Alberto Sueiro. E logo comentou que "hai que averiguar os motivos" destes resultados adversos, dos bós datos para o PP e da existencia de "27.000 votos en blanco".

Image

 

"Non sei o que pasou. Estou sorprendida. Non esperaba estes resultados. Pensei que íamos a ter uns apoios máis importantes".

 

Torres apostou por unha análise con calma, no día no que Emilio Pérez Touriño anunciaba a súa marcha. A política de Razo indicou que agora ó PSOE tocáballe "traballar desde a oposición", e no ámbito local de Carballo comentou que "non esperaba baixo ningún concepto a baixada tan significativa do BNG".