Alberto Sueiro

Alberto Sueiro

O deputado popular Alberto Sueiro Pastoriza quixo agradecer os apoios recibidos nas nosas comarcas, e asegurou que "imos a dar resposta a esa confianza con traballo". Queren que "esta victoria incontestable" sirva para cumprir coas promesas e loitar, sobre todo, contra o paro e a crise económica.

Evidentemente, Alberto Sueiro non podía ocultar a súa satisfacción polos excelentes resultados. Recoñecía que "nós pelexábamos pola maioría absoluta e a esperábamos, pero sorprende máis coa rotundidade coa que a conseguimos e coa elevada participación que houbo. Así foi unha victoria aínda máis doce".

"Prácticamente gañamos en tódolos concellos da zona. Foi unha victoria incontestable e estamos verdadeiramente agradecidos a Costa da Morte e esperamos dar cumprida resposta con traballo".

Image

Despois dos agradecemento, Sueiro opina que é o momento de traballar pola comarca e por Galicia, con obxetivos concretos:

"Hai que centrarse en combatir o paro e a crise económica. E un reto moi grande, pero confio no Presidente Feijóo, porque ten as cousas claras".

Sobre a circunstancia chamativa de que o bipartito non poidera nin tan sequera repetir o número de escanos das pasadas eleccións, pese a gobernar, Sueiro Pastoriza cree que PSOE e BNG fixeron unha lectura errada "porque fixeron unha interpretación contra o PP e olvidáronse de moita xente e desmarcáronse da maioría dos galegos".