Image

O Partido Popular venceu en tódolos concellos das nosas bisbarras a excepción de Corcubión e Dumbría. Na comarca do Xallas superou o 57% dos votos  e en Bergantiños subiu catro puntos porcentuais. Así rematamos o noso resumo das eleccións.

Despois duna feixe de artigos e e de toda a cobertura ofrecida, fixemos un repaso final as tres formacións con representación na cámara galega. BNG, PSOE  e agora o Partido Popular.Os populares disfrutaron dunha victoria ampla e contundente nos cómputos xerais.

Na comarca do Xallas(concellos de Mazaricos e Santa Comba) seguen amosando o seu dominio cun 57,01% dos votos e superando en 17 puntos porcentuais a PSOE e BNG xuntos. Con todo isto retrocederon  tres puntos con respecto a 2005. Perdían preto de 403 votos en Santa Comba e medraban un cento en Mazaricos.

Na Terra de Soneira lograron vencer nos seus tres concellos, e concretamente en dous feudos socialistas coma Camariñas e Vimianzo. No primeiro municipio subían case 200 votos mentras que en Vimianzo, o ascenso era inminente con máis de sete puntos e unha nova colleita de 525 votos. Os populares tamén gañaban en Zas, ainda baixando dous centos votos.

Tamén incontestable foi victoria en Bergantiños. Catro puntos máis e un incremento de algo máis de 2.300 sufraxios, máis da mitade localizados no concello de Carballo (o portavoz local Alberto Sueiro renovaba coma deputado). As porcentaxes son mostra patente do respaldo do partido da gaivota: Cabana de Bergantiños(57,91%), Malpica(50,08%),Laxe(50,54%), A Laracha(54,28%), Ponteceso(56,92%), Coristanco(54,43%).Polo que respecta a comarca de Fisterra, subiron en votos e volvían a gañar con semellantes porcentaxes as de 2005. Perdían en Dumbría e Corcubión, e eran a primeira forza en Fisterra, Cee e Muxía.