Image
A consellería de Política Territorial anunciou hoxe a adxudicación de varias obras , entre elas cinco proxectos que afectan  os concellos de Santa Comba, Camariñas e Muxía e que suman máis de 750.000 euros.

Nun paquete de 37 actuacións para a mellora e conservación das vías de comunicación, a Consellería de Política Territorial anunciou o respaldo a cinco proxectos na nosa zona. Son os seguintes.

– Adecuación  de marxes, cambio de sentido e área de descanso na estrada AC-432 entre os p.q. 12+000 e 13+830 no lugar de Prado en Camariñas.
Orzamento: 183.000,00 €
– Reposición e adecuación de marxes para a mellora da seguridade viaria na estrada AC-440, entre os p.q. 4+300 e 5+140. Concello de Muxía.
Orzamento: 124.642,00 €
– Pavimentación e canalización de augas pluviais en vías interiores de Camariñas.
Orzamento: 124.950,00 €
-Reforzo do firme na AC-404 Sta. Comba-Baio, p.q. 0+700 a 1+900, Travesía de Santa Catalina.
Orzamento: 119.990,01 €
– Reposición e adecuación de marxes para a mellora da seguridade na AC-400 entre os p.q. 36+475 e 46+920. Concello de Santa Comba.
Orzamento: 212.100,00 €