SAM_0051 O concelleiro Jacobo Amarelle entregaba os diplomas de cinco cursos de formación

O concelleiro responsable da área de Formación e Emprego, Jacobo Amarelle Barreiro (PP) entregaba o pasado luns os diplomas de cinco cursos de formación pertencentes ao Plan AFD da Consellería de Traballo e Benestar, que se desenvolveron no exercicio 2009.

Os cursos dos que se entregaron os diplomas foron:

– Ebanista

– Carpinteiro

– Aplicacións Informáticas de Xestión

– 2 cursos de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio