Image
Presentamos unha nova emisión de Ruta-552, na que non falta unha viaxe pola historia, e o humor. Tamén che explicamos varias novidades con respecto a nosa emisora on-line. 

Na nosa sección de radio a carta xa podes escoitar unha nova edición de Ruta-552, programa presentado por Xosé Manuel Lema. Nesta entrega, recuperamos a historia do xalleiro Frei Basilio Río Brenlla, o último Procurador Xeral de Tierra Santa. Tamén ofrecemos un espazo humorístico cun monólogo do popular humorista Rober Bodegas, e un recuncho poético.

Pero ademáis no día de hoxe introducimos algunhas novidades na nosa radio on-line, que se pode encontrar na web ou en http://www.anosacosta.es/radio.html . Seguimos emitindo en probas e sumando algunhas novidades. Ofrecemos unha nova selección musical e alternamos as cancións coa lectura de poemas, frases célebres, e contos. Esperamos recuperar canto antes o nos Hit Latino, e novas ofertas, pero estámos realizando un auténtico esforzo dentro das nosas posibilidades.Aproveitamos para agradecer novamente o apoio dos nosos lectores e ouvintes que nos fan seguir medrando de xeito considerable en visitas. GRACIAS

Estamos abertos a colaboración de calqueira lector que queira participar na nosa radio on-line, ou colaborar con textos, fotografías, informacións, etc…

O noso contacto é:  contacto@anosacosta.com