Image
Sergio Cancela, Enrique Meizoso, Santiago Ares e Roberto Caride son de momento os pilotos que se están levando o gato a auga no galego de autocross. O vindeiro 8 de agosto, Vilaño acolle unha cita importante.

A seguinte proba do campionato galego de Autocross será no circuito da Areosa en Vilaño – A Laracha organizada polo Motor Clube Vilaño.Esta proba conta cun coeficiente 8. E o 15 e 16 de agosto chegará o campionato de España a Arteixo, no circuito José Ramón Losada.

Paixón no Galego de Autocross

Image

Na categoría de máis de 1.600 c.c., o piloto da escudería Bergantiños Motor, Sergio Cancela (na foto) lidera clasificación xeral. O de Xoane, co seu Peugeot 106 suma 1.150 puntos e ameaza con escaparse dos seus perseguidores. Os máis inmediatos son o seu compañeiro de escudería Mariano Suárez (Citroen Ax), e Celestino Iglesias(Citroen Saxo-Desguaces Tino) con 899 puntos. Mario Ríos e José Pena Andrade, da Peña Autocross Arteixo son os seguintes.

As espadas tamén están en alto na categoría de menos de 1.600c.c., liderada polo piloto de Ferralla Lois, Enrique Meizoso García(Citroen Saxo) con 1001 puntos. A segunda posición é para Adrián Queijo(Peugeot 106) de Ordes Motor, con 984 puntos. Nestes momentos o terceiro en discordia é Marcos Molinos (Citroen Saxo) de Bergantiños Motor, con 910 puntos e por diante de Angel Pérez(Citroen Saxo) da Peña Arteixo e Alfonso Álvarez(Citroen Saxo) de Bergantiños Motor.

Image

A espectacular modalidade de Kart-Cross tamén está por definir, aínda que Santiago Ares e o seu Xtrem levan unha lixeira ventaxa con 853 puntos fronte os 813 de Sergio Bello, co mesmo modelo de vehículo pero correndo coa camiseta da Peña Arteixo. Terceiro é o Semog de Eduardo Mosquera(A.R. Vidal Rácing) con 762 puntos.  Daniel Vázquez Reino(Bergantiños Motor) e Joaquín Chamorro(Arteixo) van a zaga. De tódolos xeitos tódalas categorías están moi abertas e o taboleiro pódese mover fácilmente, tendo en conta o factor corrector dos peores resultados que se eliminan o final, xa que non suman tódalas puntuacións.Non queremos esquencernos esquecernos do Supercross car 4X4. O líder é Roberto Caride(Citroen Saxo) da Peña Arteixo. Séguenlle, José Pena Andrade(Fiat – Arteixo),  e Pablo Antelo, Diego Mantiñán e Javier Ramilo.