tenismilagros12012

Santa Comba celebrou o seu tradicional torneo de tenis.

O deportista do Porriño, David Vidal foi o gañador do Torneo de Tenis dos Milagros 2012 que se disputou no pavillón polideportivo de Fontenla.Vidal superou na final a Ángel Méndez.No acto de entrega dos trofeos, estivo presente a teniente de alcalde, María Pose e o concelleiro de Deportes, José Pose, na foto.

A organización do evento levouse a cabo desde a Oficina de Deportes, coordinada pola técnica Elisa Capelo coa axuda de José López Brenlla e Jorge Ferreiro.