O Partido Popular segue a ser a forza máis votada no noso ámbito coas victorias acadadas en  Xallas, Bergantiños e Soneira. Os populares retroceden en votos e porcentaxes pero gañan. Na comarca de Fisterra, o PSOE consigue ser a forza maioritaria nas eleccións xerais. O PP vence en Santa Comba, Mazaricos, Fisterra, Zas, Vimianzo, Ponteceso, Laxe, Cabana, Malpica, Coristanco e A Laracha. O BNG non se impón en ningún municipio da nosa xeografía e o PSOE derrota ó PP en catro dos cinco municipios da bisbarra de Fisterra, como é o caso de Muxía, Cee, Corcubión, Dumbría e Camariñas. O PP alcanza as súas maiores porcentaxes de votos, pese a descender, en Mazaricos(58,3%), Cabana (53,97%) e Santa Comba (52,62%). Os puntos fortes do PSOE son Dumbría(53,2%), Camariñas(46,25%), e Muxía(45,89%). Pola súa banda o BNG, é a terceira forza en tódolos nosos concellos, superando o 25% dos votos en Zas. Pero analicemos os resultados un pouco máis. Queremos ademáis destacar o que anunciamos fai varias semanas e era o agardado. Ningún deputado da Costa da Morte terá acta no Parlamento. Na anterior lexislatura estivo nas Cortes o popular carnotán José Oreiro.

TERRA DE XALLAS

PP- 5.232

PSOE- 3.189

BNG- 1.039

O PP é a forza maioritaria en Santa Comba, aínda que perde 743 votos e o PSOE ascende 390. Sube tamén o BNG lixeiramente, 69 sufraxios, pero a suma dos dous partidos de esquerdas non supera o 52,62% dos populares. En Mazaricos, O PP non da tregua e vence con rotunda claridade. O PSOE diminúe de xeito tímido,e o BNG suma uns poucos votos máis.

BERGANTIÑOS

PP- 20.778

PSOE- 17.347

BNG- 6.479

Tamén o PP conserva o feudo bergantiñán. Pero perde, con respecto as últimas xerais, puntos emblemáticos coma Carballo. Aquí o PSOE incrementa apoios e convírtese na forza ganadora. O PP queda mermado en simpatías electorais pero segue firme en Ponteceso, Laxe, Cabana, Malpica, Coristanco e Laracha. A pesares do empuxe do efecto Zapatero e salvando o caso de Carballo, os socialistas retroceden en Malpica, Cabana, Laxe e Coristanco. O BNG sube en liñas xerais moi humildemente.

TERRA DE SONEIRA

PP- 5.650

PSOE- 4.762

BNG- 2.246

O único concello en toda a bisbarra onde o PP medra en votos e porcentaxes é en Vimianzo, onde cae o PSOE e sube o BNG. Os populares son os vencedores neste municipio e tamén se impoñen con claridade en Zas. Neste municipio o PSOE é o segundo partido preferido, pero perde forza a pesares de ter coma concelleiro o candidato José Luís Acción Porto(PSOE).O BNG sube once puntos, pero segue sendo a terceira forza. Vimianzo e Zas facilitan o dominio do PP, porque en Camariñas volve a a ser o máis votado o PSOE, que retrocede un pouco, o PP manténse (sube en votos e baixa en procentaxe) e o BNG sube.

FISTERRA

PSOE-6.582

PP- 6.255

BNG- 1.870

O mapa de Fisterra ten un color claramente socialista.Fai catro anos o PSOE só gañaba en Dumbría, e agora corona de rosas as terras de Muxía, Cee, Dumbria, e no municipio de Corcubión. Fisterra segue sendo popular.