Image

O Fondo de investimentos Locais impulsado polo goberno do estado para paliar con obras públicas a crise que estamos padecendo tamén terá, coma en tódolos municipios de España, a súa repercusión nos concellos da nosa zona, onde se repartirán un total 18.709.414 euros

O Fondo de investimentos Locais impulsado polo goberno do estado para paliar con obras públicas a grave crise que estamos padecendo tamén terá, coma en tódolos municipios de España, a súa repercusión nos concellos de Soneira, Fisterra, Xallas e Bergantiños, onde se repartirán un total 18.709.414 euros sen i.v.e.. A distribución é moi sinxela pois a cada concello lle corresponden uns 177 euros por habitante empadroado. En base a este criterio o concello con máis volumen inversor é o de Carballo con 4,4 millóns de euros, seguido de A Laracha(1,6),Santa Comba(1,5) e Vimianzo(1,2).Os recursos deste fondo destinaranse a proxectos e obras que non estivesen previstos nos orzamentos municipais para o ano 2009, e deberán executarse de maneira inmediata, licitándose antes dun mes desde a resolución de autorización emitida pola Secretaría de Estado de Cooperación Territorial. As obras deberán realizarse ao longo de 2009 e deberá xustificarse a súa finalización no primeiro trimestre de 2010. Este prazo poderá estenderse seis meses máis se hai causa xustificada.

Image

Os novos traballadores que sexa necesario contratar para a realización dos proxectos financiados con cargo a este fondo deberán estar en situación legal de desemprego. O Goberno estima que a aplicación desta iniciativa poderá xerar a creación de 200.000 postos de traballo. Os proxectos que poderán acollerse ao fondo deben ser de competencia municipal. En particular, enténdense incluídos os de adecuación, rehabilitación ou mellora de contornas ou espazos públicos urbanos, así como de promoción industrial, Os equipamentos e infraestruturas de servizos básicos nas redes viarias, de saneamento, iluminación e telecomunicacións. E tamén os de construcción, adecuación, rehabilitación ou mellora de edificios e equipamentos sociais, sanitarios, funerarios, educativos, culturais e deportivos. O marco de actuación é moi amplo e inclúe obras de protección medioambiental, supresión de barreiras arquitectónicas, conservación do patrimonio e promoción do turismo.
O importe de cada proxecto de investimento a realizar con cargo a este fondo non poderá superar os 5 millóns de euros. No caso das mancomunidades e agrupacións de municipios, o custo máximo de cada proxecto tamén será de 5 millóns de euros, aínda que o importe total debe desglosarse nas cantidades que correspondan a cada municipio, que lles serán descontadas da cifra dos fondos que lle sexa asignada en función da súa poboación

 

Distribución por concellos-

Carballo – 4.473.633 euros

A Laracha- 1.616.192 euros

Santa Comba- 1.574.119 euros

Vimianzo – 1.243.477 euros

Cee – 1.123.202 euros

Coristanco – 1.119.189 euros

Ponteceso – 965.464 euros

Malpica – 956.246 euros

Camariñas – 932.904 euros

Muxia – 841.919 euros

Zas – 824.970 euros

Mazaricos – 769.962 euros

Cabana – 756.879 euros

Fisterra – 739.039 euros

Dumbría – 578.326 euros

Laxe – 513.353 euros

Corcubión – 280.540 euros