Vista de Laxe.

Vista de Laxe.

Non é ningún secreto o raquitismo económico dos concellos. E así o ven de confirmar o Ministerio de Economía. Na nosa zona o caso máis chamativo é o de Laxe, onde cada veciño tería que poñer 396 euros do seu peto para sanear o concello.

O Ministerio de Economía acaba de publicar os datos de débeda viva dos concellos e outras administracións, a 31 de decembro de 2008. Aínda que ofrecen as cantidades xerais, Anosacosta colleu calculadora e lapis e quixemos saber canto nos tocaría por barba para que os nosos municipios quedarn saneados. O caso de débeda por habitante, máis alarmante é o de Laxe onde cada veciño tería que poñer 396 euros para que o seu concello quedar a flote.  Séguelle Camariñas(236 euros), Vimianzo(184),Santa Comba(177), Fisterra(158) e Carballo(122 euros). Os concellos de Coristanco, Laracha, Mazaricos, Malpica, Muxía, e Ponteceso, non chegan os cen euros de débeda por habitante.  E Cee e Corcubión os superan lixeiramente.O caso de Cabana de Bergantiños é tamén destacable con tan só 21,4 euros por cabeza. Segundo o Ministerio de Economía os municipios de Zas, Dumbria e Negreira teñen débeda cero.

Para establecer unha referencia, na cidade da Coruña a débeda por habitante está en 316 euros, no veciño concello de Carnota en 415 euros, Arteixo(138), Muros(268), e Betanzos(179).

E con referencia a cantidade total de débeda este sería o ránking de concellos máis endebedados.

Carballo – 3, 7 millóns de euros
Santa Comba- 1,8 millóns de euros
Vimianzo- 1,5 millóns de euros
Camariñas- 1,4 m.
Laxe         – 1,3 m.