Fraga en Santa Comba.

Fraga en Santa Comba.

Un día coma hoxe, 3 de abril,  en 1979 celebrábanse as primeiras eleccións municipais democráticas despois da dictadura. E desde Anosacosta.com queremos recalcar esta importante efeméride.

Un 3 de abril de 1979 celebrábanse as primeiras eleccións municipais. “Los comienzos fueron muy difíciles pero la gente estaba muy ilusionada” comentábamos recentemente o que fora líder da U.C.D. galaica e Presidente da Deputación, Enrique Marfany Oanes. “Non tiñamos experiencia pero si poñíamos moita vontade por aquello novo que viña. Había moita ilusión e xa tíñamos claro da necesidade dun equilibrio, dunha parte intermedia centrista porque había moito radicalismo”, comenta Manuel Andrade Cristóbal, concelleiro na primeira corporación carballesa, na que tamén segue o actual alcalde Evencio Ferrero.

Image

En Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas o cómputo global de concelleiros quedou do seguinte xeito.

Unión de Centro Democrático – 85 concelleiros
Independentes                            – 50
PSOE                                          – 16
Coalición Democrática              – 13
Unidade Galega                          – 11
B.N.P.G.                                      – 10
Partido do Traballo                    –   5

Image

PRIMEIROS ALCALDE DEMOCRÁTICOS NA ZONA-

Camariñas – Jesús Ramos Fuentes –
Cee – Manuel Lamela Lestón-
Ponteceso- Manuel Jesús Vázquez Barca-
Fisterra- Valentín Castreje Lizancos
Zas- Antonio Cortizo Cortizo-
Dumbría- Jesús Gómez Dovale
Vimianzo- José María Pose Romero-
Laxe- Antonio Castro Lema
Carballo- José Sánchez Vilas
Santa Comba-  José Manuel Arufe Rieiro
Corcubión- Rafael Xosé Mouzo Lago
Coristanco- Manuel Remuiñán Cancela
Malpica- Lois Cancela Vecino
Cabana- Manuel Fariña Suárez.