Cristóbal Colón.

Cristóbal Colón.

Non o descarten. Parece ser que Cristóbal Colón deixou escrito que era de Terra Rubra. É unha das bases para apoiar que podería haber nacido nas terras do Dubra. Pero o arciprestado de Dubra  tamén acollía as parroquias xalleiras de Freixeiro, Bazar e Vilarmaior.

O investigador Marcos Castro Vilas (pódese consultar o artigo en www.anosagalicia.es) defende a procedencia dubresa de Cristóbal Colón. Nas pegadas escritas, Colón utiliza palabras endémicas desta zona como “boi” para referirse os camiños. Tamén  constata que na “queira” illa de Jamaica hai un río Jallas, un Jallas Town e un Jallas Point, que logo os ingleses o deixaron en Yallahs. Pero toda esta teoría a publicaremos nunha reportaxe posterior.

COLÓN PODERÍA SER DE FREIXEIRO, BAZAR OU VILARMAIOR.

Castro Vilas non descarta a posibilidade de que fora xalleiro e por medio dun correo electrónico fainos este comentario:

“Aínda que Colón dixera que era de Terra Rubra, hai que ter en conta que o Arciprestazgo de Dubra ou a Terra Dubra engloba as parroquias de Vilamaior, Bazar e Freixeiro pertencentes a Santa Comba polo que Colón ben pode ser xalleiro. Eu penso que o nome de Santa Columba ten algunha relación sospeitosa”.

Marcos Castro, que apreza un vencello de Colón coa familia Pombo de Val do Dubra, está ilusionado en poder implicar o insigne xenetista Ángel Carracedo  para poder chegar ó final do asunto. Sería un avance tremendo que Carracedo se animara a cotexar o cromosoma “Y” de Hernando Colón con xente apelidada Pombo.

Dese aquí felicitamos a Marcos Castro Vilas polo seu traballo, e apoiamos a idea de que se fagan estas comprobacións, para descubrir a verdade, porque simplemente con pensar de que haxa unha mínima posibilidade de que Cristóbal Colón fora desta zona, a causa está xustificada.