Image

Nas listas a asamblea do BNG hai políticos das nosas comarcas. O ceense Rafa Villar lidera a lista de Máis Alá, o portavoz vimiancés, Manuel Antelo  é o terceiro na oferta de Carlos Aymerich, mentres que a carballesa Milagros Lantes integra a opción liderada por Guillermo Vázquez.

O escritor ceense Rafa Villar ocupa o primeiro posto da candidatura de Máis Alá, integrada por membros do Movemento Galego ao Socialismo. Tamén destacado é o posto que ocupa o vimiancés Manuel Antelo Pazos, que é o terceiro nunha das candidaturas con máis respaldo nas asambleas comarcais, a de Carlos Aymerich.Xunto con Antelo Pazos, integran a lista de Máis BNG, máis persoeiros da zona:A carballesa Belén Lendoiro Esmorís(25), ou xa coma suplentes Lois Lamas Alvarez, Susana Seoane Dovigo, e a fisterrana Mónica Góñez.

Tamén hai representantes comarcais na candidatura da Alternativa pola Unidade, encabezada por Guillermo Vázquez. Se importantes cargos nacionalistas de Carballo respaldan a Aymerich, outros están coa proposta apoiada pola U.P.G. É o caso da ex delegada provincial de Cultura, Milagros Lantes Seara que figura no posto 16. Coma suplentes figuran o coordinador comarcal de Galiza Nova, Vítor Recarei Añón, e o corcubionés Óscar Insua Lema. E na alternativa dos irmandiños de Xosé Manuel Beiras localizamos a  Xelasio Varela Gesto da Laracha.