Image

Nestas Eleccións Europeas, O BNG quedou como terceira forza política en tódolos nosos concellos, rexistrando un descenso de apoios xeralizado e subindo porcentaxes en Zas e Vimianzo.

O Bloque Nacionalista Galego experimentou unha importante caída nas urnas, e nalgúns casos bastante considerable. Os únicos concellos onde medrou foron Zas cun 2,16% máis, e tamén en Vimianzo cun 0,94%. A pesares da importante baixada detectada en Corcubión (7,75% menos), este concello presenta a porcentaxe maior nun 20,25%. Séguenlle  Zas(18,95%), Vimianzo(18,77%) e Carnota(14,92%).

Un dos grandes descalabros estivo en Carballo, onde pasan do 19,63% do 2004 ó 12,90% destes comicios. E perden máis de cinco puntos en Dumbría quedándose nun 6,10%, e en Fisterra onde pasan a ter nas europeas un 11,49%. Caen por riba dos catro puntos en Mazaricos, e por riba dos tres en Laxe e Malpica. En menor medida  a baixada percíbese   ademáis en Camariñas, Coristanco, Cabana, Laracha, Ponteceso, Muxía e Carnota.