Image

O Partido Popular colleitou uns excelentes resultados nas comarcas de Soneira, Fisterra, Xallas e Bergantiños, con victorias na maioría dos concellos. As mellores porcentaxes lográronse en Mazaricos e Santa Comba.

A excepción de Dumbría e Corcubión,  concellos dos que falaremos no artigo do PSdG-PSOE, a gaivota cubreu o mapa electoral comarcal.

Os mellores resultados producíronse na Terra de Xallas. En Mazaricos douse a porcentaxe máis alta de toda a nosa zona, cun 67,86 % dos sufraxios. Os populares medraron máis de sete puntos con respecto as anteriores europeas. Pola súa parte, Santa Comba foi o segundo concello de Galicia con máis de dez mil habitantes onde os conservadores tiveron a mellor colleita. Un 65,06% dos votos emitidos e unha subida dalgo máis de dous puntos e medio

Os seguintes concellos en maior respaldo a esta formación, foron  Cabana (63,78%), Coristanco (61,32%) e A Laracha (60,24%). Tamén gañaron en Ponteceso, Laxe , Fisterra, Cee, Muxía, Zas, Malpica, Carnota, Muros  e Carballo.

Image

Tamén cómpre destacar que os populares desbancaron , con respecto a 2004, ós socialistas en Vimianzo (onde subiron case 14 puntos) e en Camariñas (con máis de oito puntos e medio).En Vimianzo, sumaban máis votos que PSOE  e BNG xuntos en Cambeda, Castrelo, Baiñas, Serramo e Carantoña. E eran a forza preferida en Carnés, Cereixo, Vimianzo e Treos. No tocante a Camariñas, vencían en dúas mesas da  capital municipal(O Campo e Buría), Camelle e empataban en Arou.

A vicesecretaria provincial do PP, Carmen Borbujo agradeceu o importante apoio  recibido nas urnas “que nos llena de satisfacción, y de una enorme responsabilidad para seguir trabajando por la Costa de la Muerte”. Borbujo cree que se confirma unha tendencia de liderazgo social do partido dirixido en Galicia, por Alberto Núñez Feijóo.