Image

O PSOE  foi derrotado polo PP, quedando coma segunda forza política na comarca. Os socialistas triunfaron en Dumbría e Corcubión, e perderon en Vimianzo e Camariñas.

Con respecto as Eleccións Europeas de  2004, O PSdG-PSOE retrocede e perde os concellos de Vimianzo e Camariñas. Os mellores resultados contabilizáronse no concello de Dumbría, onde conquiren un 55,35% de apoio electoral e incluso suben case catro puntos a maiores. A outra victoria está en Corcubión, que experimenta o ascenso máis grande en máis de sete puntos e medio. No municipio gobernado por Francisco Lema chegan ó 44,35%.

A caída máis pronunciada é a do concello de Vimianzo, baixan máis de 15 puntos porcentuais e quedan no 31,83%. Tamén baixada siginificativa en Camariñas onde perden seis puntos e medio e quedan nun 44,99% por detrás do PP.

No resto dos municipios repiten a segunda posición, pero hai municipios onde medran coma Muxía(41,53%) con case catro puntos máis, ou lixeiramente en Carnota(35,76%). No concellos de Carballo, Malpica, Laxe, ou Ponteceso perden varios puntos.