Image
O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo entregou as bandeiras azuis que ondearán esta  tempada. Entre elas,  estarán presenten en dez praias de Bergantiños, Muros, Fisterra e Carnota.

As praias da zona, coa Bandeira Azul da Adeac son este ano:
Estorde-Cee,  Laxe, Caión-A Laracha, Quenxe- Corcubión,  Razo e Pedra do Sal-Carballo,  Ézaro- Dumbría, e Balarés-Ponteceso. Tamén figuran na relación a de Lira en Carnota e Parameán en Muros.

No acto presidido por Núñez Feijóo estiveron os alcaldes de Cee, Laxe, A Laracha, Corcubión, Dumbría, Ponteceso, Carnota, Muros e o teniente de alcalde de Carballo, José Antonio Viña Patiño.