Image

“A Costa da Morte foi xa unha zona maltratada polo Prestige, e a pesares de ser unha zona supostamente protexida  pola Unión Europea, sofre numerosas afeccións, e estánlle dando continuamente pequenas dentelladas” aseguran desde Greenpeace.

“Destrucción a toda Costa” é un informe anual no que o asociación ecoloxista internacional Greenpeace localiza puntos negros. A súa autora, Pilar Marcos fíxonnos unha reflexión sobre a Costa da Morte:

 “A Costa da Morte foi xa unha zona maltratada polo Prestige, e a pesares de ser unha zona supostamente protexida  pola Unión Europea, sofre numerosas afeccións, e estánlla dando continuamente pequenas dentelladas”.

Para Greenpeace, as grandes ameazas na zona son o urbanismo, destacando as construcción masivas en zonas como a recta da Anchoa en Fisterra,  onde denuncian o crecemento desmesurado das edificacións, as piscifactorías e os parques eólicos,  e a contaminación. Neste sentido denuncian os efectos nocivos da actividade de Ferroatlántica  na ría de Corcubión.  Os ecoloxistas lembran un informe da Xunta de Galicia na que “sinalan a Ferroatlántica como responsable da presenza de metais pesados no cauce do río Brens”.

“Destrucción a toda Costa 2009” tamén aporta abondoso material gráfico de denuncia,  e poñe exemplos como a construcción duns chalets nun espazo protexido en Cabana de Bergantiños, ou  a planta rodaballeira de Cabo Vilán en Camariñas, que xa leva uns cantos anos en pleno funcionamento.. Engaden o proxecto de extracción de 200.000 metros cuadrados  de area dos fondos mariños entre Seiruga e Beo, no concello de Malpica.

.