Image

O Museo do Alemán de Camelle segue o seu camiño polo túnel da destrucción mentras se agardan que os despachos e a burocracia permita a súa recuperación. Paralelamente a esta espera, séguen vendo a luz novos testemuños escritos que nos amosan a vertiente máis social de Man.

A visión tremendamente romántica, alonxada das cuestións propiamente terrenais, que temos do Alemán de Camelle, é unha característica intrínseca do querido artista.Deste xeito a curiosidade multiplícase cando nos enteramos das súas iniciativas epistolares, das que nos dan conta desde a Fundación Man de Camelle.

Segundo estas informacións, en base o estudo dos seus documentos persoais, Manfred Gnadinger dirixiuse en varias ocasións o goberno alemán para expresar a súa preocupación por varios temas relacionados coa violencia e o terrorismo na sociedade xermana. Unha das cartas localizadas é a que dirixe Manfred o canceler socialdemócrata Willy Brandt na súa última época de mandato. O anacoreta afincado en Camelle pídelle o dirixente alemán que adiante unha iniciativa mundial para asinar un tratado de desarme. Noutra comunicación Manfred traslada o goberno o seu desacordo ante a postura dos mandatarios diante do secuestro do candidato a alcaldía de Berlín, Peter Lorenz, que militaba no CDU, un partido demócrata-cristiano con orientación liberal conservadora.

Image

O presidente do goberno nese ano, 1975 era o socialdemócrata Helmut Schmidt. O goberno , en consenso cos demáis partidos, aceptou liberar a seis terroristas a cambio de salvar a vida de Lorenz. Semellaba ser o terrorismo un tema que motivaba a inquedanza de Man, porque en 1977, o artista escribe unha carta o Presidente Schmidt, para demandar firmeza e contundencia cos secuestradores e terroristas. Sen dúbida o coñecemento destes textos en calqueira outra persona, non pasarían de ser unha anécdota da preocupación de calqueira cidadán, pero o falar dun persoeiro tan envolto no misticismo e tan apartado do rutinario tren social coma Man, non deixa de sorprender. Estes datos son consecuencia do traballo que se está facendo no legado do Alemán de Camelle, e foron difundidos pola xerente da Fundación Man, Sabela Mariñas.

A fotografía da portada é de Genaro García