Image
Cristian Pardiño é o actual campión galego iunior de Radio Control. Unha práctica que ten o seu referente na zona no Clube Radio Control Carballo.

Image

Con 11 anos, Cristian Pardiño xa ten nas súas vitrinas o campionato provincial e galego iunior de radio control. Esta tempada, ten serias posibilidades de renovar o título e dependerá da súa actuación na última proba da competición que se celebrará en O Porriño os vindeiros 10 e 11 de outubro. Ten que quedar por diante de Adrián Gómez.

Aínda que xa probou, no horizonte barállase dar o salto ós Grand Prix a nivel nacional.  “Empecei con 5 anos e isto gústame máis que calqueira outra cousa” confesa Cristian manipulando a distancia o seu Híper duns tres quilos  e medio de peso e dimensións de 50×30 cm. Adestra os sábados no circuito que a Escudería Club Radio Control Carballo ten habilitado no Polígono industrial de Bértoa. Pero este mozo, de fala fluída, está ben acompañado:“O meu pai é moi bó mecánico aínda que nas carreiras sempre lle quito varias voltas de distancia”, asegura.

Ahí está precisamente a orixe deste clube, no seu pai, Fernando Pardiño Busto. Despois de probar no fútbol, motocross, autocross, etc, optou por estos pequenos trastos, e creou o clube Radio Control Carballo. Agora teñen a Carballo nos calendarios provinciais e autonómicos desta modalidade (1,8 TT), un campeoón iunior coma Cristian, e pilotos punteiros como David Taibo  e Marcial Vázquez . O seguinte salto será posiblemente o nacional. “Este é un deporte emocionante, competitivo e a dinámica das carreiras é como unha Fórmula I, en pequeno”, comenta Fernando Pardiño, que agora exerceu funcións de mecánico do seu fillo, deixando a un lado a pilotaxe.

Ó marxe da competición, o Clube Radio Control Carballo segue promocionando esta paixón polos veloces vehículos tele-dirixidos, e prepara unha carreira de iniciación para as personas que queiran adentrarse neste mundiño. Xa hai bastantes interesados. As personas que queiran poden informarse no establecemento Téknika, situado na estrada de Razo, en Carballo, ou ben no teléfono 629877044.