008. Rotonda da Santa

José Balsa Barreiro publicou o seu traballo nunha popular revista.

O Doutor en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade de Compostela, o xalleiro José Balsa Barreiro realizou un traballosobre a evolución urbanística do concello de Santa Comba, que foi publicado na prestixiosa “Revista de Urbanismo” da Universidade de Chile.

 

No traballo, denominado “Evolución del urbanismo y de la disposición territorial del poblamiento en un municipio coruñés de interior:caso de Santa Comba”, Balsa analisa a estrutura poboacional deste concello, comparando diversos datos e aportando varias reflexións.

 

Nas series de poboación (1888-2008) os datos son evidentes. Once parroquias xalleiras están nos seus mínimos históricos . Con menos habitantes que en 1888 temos as parroquias de Alón, Arantón, Cícere, Fontecada, Freixeiro, Grixoa, Mallón, Montouto, Santa Sabiña e Ser.

 

A tendencia contraria percíbese na capital municipal, Santa Comba que acadou máximos históricos.O profesor Balsa Barreiro explica o crecemento urbano de Santa Comba desde os anos sesenta, e destaca dous factores fundamentais neste feito. Os intereses como propietarios da familia Suárez Vence Santiso e os equipamentos propios do goberno local que arrastraron a progresión urbana cara as zonas onde se asenta o Centro Médico, a piscina e o Centro da Terceira Idade.

 

“O FUTURO É UNHA INCÓGNITA”

 

O longo da historia a emigración e o regreso posterior dos nosos veciños aportaron importantes fluxos económicos, así como tamén o boom da extracción do wolfram, ou a actual movida nocturna. Ningún destes detalles se escapan da análise de Balsa.

 

Para este experto o futuro de Santa Comba é “unha incógnita” e depende de como o concello saiba facer fronte a perda de peso da emigración, e a propia crise inmobiliaria e financieira. Segundo este traballo hai elementos que poden ser moi valiosos para o territorio xalleiro. A posición extratética, a forte iniciativa local, a súa base económica “sólida e diversificada” e a mellora das comunicacións viarias son claves para un futuro de progreso.

 

A foto do ano 1955 aproximadamente foi cedida o Arquivo Municipal de Santa Comba pola Familia Raso.