Potente arranque electoral na Costa Da Morte con varios actos multitudinarios.

 

 Primeira fin de semana de campaña electoral é a cousa comenzou moi forte nas nosas comarcas. Alberto Núñez Feijóo participou en dous mitíns multitudinarios. O pasado venres estaba nun acto no Fórum de Carballo, acompañado polo presidente provincial, Carlos Negreira, o candidato Aurelio Núñez Centeno e polo presidente local, Alberto Sueiro. Núñez Feijóo insistiu en defender a súa xestión económica, na austeridade, no compromiso de rematar a autovía da Costa da Morte e prometeu axudas para os emprendedores.Feijóo acabou a xornada con outro cheo en Vimianzo. Na Casa da Cultura, onde xuntou unhas seiscentas persoas e compartiu tribuna co actual responsable local, Eduardo Salgado, e coas candidatas Marisol Piñeiro e Beatriz Mato.

 

E tamén pasaba moi preto o secretario xeral do PSdG, Alfredo Pérez Rubalcaba que non lograba encher  as duascentas butacas do centro cívico de Cerceda. Compareceu acompañado por Pachi Vázquez, Francisco Caamaño e polo alcalde de Cerceda, José García Liñares. O acto que ao principio só contaba con cincoenta asistentes tivo que retrasarse. Aínda así non se poido completar o pequeño aforo. Rubalcaba insitiu en comparar a Feijóo con Rajoy. Pachi Vázquez asegura que percibe un cambio e que permitirá acabar cos recurtes do actual goberno.Polo que respecta ao BNG, arrancaban cun mitin en Fisterra, tendo como oradores a Rafa Vilar  e Modesto Fraga, entreo outros. As mensaxes do BNG tamén falan de cambio, pero desde unha perspectiva nacionalista. A solución de Galicia, para o Bloque pasa por máis autogoberno e por unha clara política de esquerdas.

 

O sábado había na axenda do Partido Popular varias citas. Diego Calvo e Marisol Piñeiro percorrían o mercadiño de Camariñas e pola noite ofreceron un mitin en Laxe. Alí estiveron os candidatos Aurelio Núñez, Ambrosio Oróns e Diego Calvo.

 

 

Os socialistas celebraban outro acto o sábado. Pachi Vázquez lideraba en Baio unha camiñata pola autovía, para denunciar a paralización das obras da autovía da Costa da Morte. Estaban presentes representantes do PSOE de toda a bisbarra, entre eles os alcaldes de Muxía e Camariñas. Despois deste acto reivindicativo, os candidatos Francisco Caamaño e José Luís Méndez Romeu falaron nun restaurante para as persoas que asistiron a devandita camiñata.

 

O Bloque Nacionalista Galego repartía propaganda na feria de Santa Comba coa presenza dos responsables locais de Santa Comba, Filipe García e de Negreira, Antonio Ponte. E os candidatos Xoán Sande e Belén Lendoiro facían o mesmo no mercadiño de Malpica.A xornada completábase para os nacionalistas cun mitin en Camelle, onde falaba a voceira local, Isabel Barreiro e o candidato Xoán Sande e outro en Baio, coa intervención do alcalde, Manuel Muiño, Modesto Fraga e a candidata número dous pola provincia, Ana Pontón.

 

 

 DOMINGO AMENIZADO POLAS ENQUISAS DE LA VOZ E ABC 

 

O domingo os partidos erguéronse coas enquisas que conceden unha nova maioría absoluta do Partido Popular. Pero ningún partido se fía porque temen que desmobilice ao electorado.La Voz de Galicia vaticina 39 escanos a Feijóo, un máis que  que fai catro anos e que o Partido Socialista pode perder tres actas, de 25 a 22, que servirían para certificar a irrupción da Alternativa Galega de Esquerdas  de Xosé Manuel Beiras no Parlamento. Polo que respecta ao BNG, mantería os doce deputados.

 

Tamén o diario ABC publicaba outro enquérito. E aínda que tamén lle da a maioría absoluta ao PP, ofrece datos moi distintos. Para o ABC, o Partido Popular pasaría de 38 a 40 ou 41 deputados. Os socialistas de Pachi Vázquez sufrirían un auténtico descalabro, perdendo sete ou oito actas. Ou sexa das 25 actuais, quedaría con 18 ou 19. Tamén valoran un posible desastre do BNG, que de 12 se quedaría con 8 escanos. Xunto co trunfo do PP, a outra grande forza vencedora sería a Alternativa Galega de Esquerdas que lidera Beiras, que lograria colleitar sete parlamentarios.Ademáis o sondeo de ABC pronostica que Compromiso por Galicia obtería representación. O escano do partido sería por Ourense. Ou sexa que non sería Bascuas, senón Xosé Manuel Pérez Bouza.

 

E nesta xornada dominical, as tres grandes forzas aproveitaron a concentración de xente na Feira de Paiosaco, onde por certo se celebrara ademáis a Festa da Fabada. O Partido Popular desprazaba  a a cabeza de lista pola Coruña, Beatriz Mato, o candidato comarcal Aurelio Núñez, Diego Calvo e o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela. Polos socialistas non fallaban Estrella Ferreiro e Antonio Álvarez e tamén estaba Belén Lendoio e Xoán Sande, do BNG.O mercado de Cee foi visitado por Marisol Piñeiro, acompañada polo secretario de organización provincial José Manuel Álvarez Campana e pola alcaldesa, Zaira Rodríguez. O partido da gaviota promocionouse en Camariñas e Mazaricos.En Pino da Val mitineaban o alcalde José Santos Maneiro, os candidatos Santiago Freire e Rosa Quintana e o Presidente da Deputación, Diego Calvo.E na Casa de Pedra de Camariñas falaron o presidente local, Daniel Rego, Marisol Piñeiro, Álvarez Campana e Beatriz Mato.O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez achegábase no mediodía a Casa da Cultura de Bertanmiráns.E na localidade da Baña celebrabase o undécimo xantar dos socialistas, coa asistencia do congresista e presidente da Fundación Ideas Jesús Caldera e do candidato Francisco Caamaño.