As últimas eleccións autonómicas celebráronse no 2009.

 
En 2009 o Partido Popular venceu en tódolos concellos de Xallas, Barcala, Soneira, Fisterra e Bergantiños a excepción de Dumbría e Corcubión onde gañou o PSOE. 
 
O Partido Popular (que en Galicia colleitou o 47% dos sufraxios) acadou os mellores resultados na zona nos municipios de Mazaricos, Santa Comba e A Laracha.  Superou o 50% dos votos nos concellos de Mazaricos(58,95%) Cabana(57,91%), Santa Comba(56,14%) Coristanco(54,43%) Fisterra(54,7%) e A Laracha(54,28%). Os peores do PP na bisbarra déronse en Corcubión, onde foron a terceira forza política con 29,69% dos sufraxios e Dumbría, cun 36,68%.
 
Os mellores resultados do Partido Socialista foron en Dumbría(50%), en Camariñas(42,8%) e en Muxía(40,38%) onde nesta ocasión foron superados polo PP. En Cee(38%), tamén quedaron detrás do PP, pero xunto con Corcubión(36.05%) superaron a barreira do 35%.O BNG logrou convertirse na segunda forza preferida nos municipios de Corcubión e Zas. Os nacionalistas tiveron os seus máis importantes resultados porcentuais en Zas(34,77%), Corcubión(30,31%), Carballo(23,15%) e Vimianzo(25,37%).
 
Das demáis restantes forza políticas en contados casos lograron supera-lo 1% das papeletas. Terra Galega acadou o 5,51% en Carballo, o 5,03% en Coristanco, e o 4,24% no concello de Zas. Pasou do 1% en Vimianzo e Malpica. Nesta ocasión Tega concorre con Compromiso por Galicia. Esquerda Unida chegou ao 1,17% en Cee.
 
Nesta ocasión, aparte das tres principais forzas políticas, haberá que ver os resultados que poidan acadar na bisbarra Unión Progreso y Democracia, Alternativa Galega de Esquerdas (coalición na que participa Esquerda Unida e Anova), Compromiso por Galicia, e outras formacións como Sociedad Civil y Democracia ou o Centro Democrático y Liberal.