Camariñas celebra as festas de San Xurxo 2018

Por o 20 abril, 2018

Actuarán Olympus, Finisterre, La Favorita, Gran Casino, Los Satélites e a orquestra Pontevedra.

Orquestra Olympus

 

Camariñas celebra esta fin de semana as festas na honra do patrón da parroquia, San Xurxo. Este sábado(día da xuventude) os festexos comezaran cunha sesión vermú a cargo de Judith Cundíns. Pola noite verbena coa orquestra Olympus, as disco móbil Impacto e Groove amigos.

 

O domingo (día adicado aos emigrantes)haberá misa ás 12,30h, sesión vermú coa orquestra histórica Finisterre, que regresa ao mundo da verbena, contando no seu elenco coa carballesa Laura Añón.Ás 18h terá lugar a ofrenda floral ao benfeitor Domingo Antonio Rodríguez Canosa, e pola noite verbena con Finisterre e La Favorita.

 

Laura Añón- Foto Paulina Sara Araújo (Facebook)

 

Día do patrón con Satélites e Gran Casino

 

O luns 23 é o día do patrón. Amencerá coa música da banda de Negreira e dun grupo de gaitas. A misa será ás 13h. Continuarán os actos cunha potente traca e coa sesión vermú con Gran Casino, que pola noite compartirá escenario con Os Satélites.

 

Os festexos rematarán o martes( na honra a San Roque e San Antonio). O cartel está conformado pola alborada coa banda de Negreira e dun grupo de gaitas, A misa (13h), procesión e sesión vermú e verbena coa orquestra Pontevedra.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login