PUBLICIDAD
| "A resposta esta nas papeletas" |
| Martes, 14 de Abril de 2009 19:54 | |||
|
“A resposta está nas papeletas”. Discursos, promesas, actos políticos e papeis con rostros ilusionados. Por terra, mar e aire os candidatos aproveitaron as súas plataformas para buscar o noso voto. Porque así é o xogo e quen un sábado pola noite é un mendigo, pode deitarse 24 horas despois sendo un príncipe. Por facer unha comparanza coa famosa historia.Na pasada convocatoria electoral despexáronse as incógnitas, aínda que os afortunados lectores de El Periódico e de galiciadiario.com xa tiveron unha especie de exclusiva- vaticinio ó traverso do Barómetro Asca que indicaba que o Partido Popular acadaría a maioría absoluta. Por certo, houbo quen ridiculizaba o noso estudio, e sen ánimo de vanagloriarnos nin nada polo estilo, só comentar que os políticos non deben de ver fantasmas onde non os hai nin poñerse excesivamente nervosos nas épocas electorais. E sobre visións políticas vou a escribir hoxe. O PP obtivo unha victoria incontestable, que ademáis ten o calificativo de sorprendente para moitas personas, incluidos observadores que se empeñaban en facer pouco menos que imposible ese resultado tan bó para o sr. Feijóo. De feito non se vislumbraba como feito normal un cambio sen cumprir nin tan sequera un ciclo de oito anos. Pero ese foi o desexo do pobo e o demáis son desculpas de mal pagador. A democracia é así, e 38 son máis que 25 +12. E creo que o futuro político está sobre todo na xestión política e de goberno que faga o novo equipo que levará o timón da Xunta. Pero tamén nas distintas lecturas que fagan uns e outros. Primeiro, os gañadores deberán saber ler a mensaxe que emitiron as urnas, sobre o que respaldan e o que critican os galegos, porque aparte do voto fiel que pode ter cada unha das formacións, hai unha masa social que vota acorde a diferentes claves e vai collendo unha dirección nun sentido ou noutro, sen ataduras políticas nin demasiada fe nas ideoloxías nin en dogmas servilistas das estructuras mediáticas. Eses son os árbitros da situación, e así lle deron a espalda a un bipartito que foi autista con eles, pero que tampouco se cortarán o máis mínimo en abandonar o barco que lles ofreceu o PP. Os gobernantes xogan coa ventaxa de que se cumpren unha parte dos seus compromisos, e demostran austeridade e iniciativa, non terán problema en reeditar o seu crédito. Hai un dito que se refire a que as eleccións as perden os que gobernan non os aspirantes. Non estou dacordo absolutamente, pero está claro de que un bó goberno non pode ser derrotado por unha boa alternativa.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









