David Barbeira está á fronte da organización. Reclaman un módulo de FP relacionado coa construción.

 

Compromiso por Galicia xa conta cunha agrupación local no concello de Santa Comba, liderada por David Barbeira, tal é como esta previsto.

 

 

Así se fixo saber a través das redes sociais desde a organización. O secretario xeral de Compromiso, Juan Carlos Piñeiro Docampo, volveu a Santa Comba acompañado por varios membros da executiva para constituír a agrupación. O político galeguista está convencido de que David Barbeira “vai a ser un gran de Compromiso por Galicia en Santa Comba”.

 

 

David Barbeira:”Podemos facer grandes cousas”

 

 

Pola súa parte o novo secretario local espera “estar a altura deste Compromiso, pero mirando o grupo de xente que me rodea de seguro que podemos facer grandes cousas”.

 

 

Barbeira, Piñeiro e os demais membros do partido realizaron unha visita a empresa Ferrocar desde onde lanzaron unha demanda. Compromiso pide un módulo de educación de Formación Profesional “da familia educativa da construción”.