As directoras xerais quixeron coñecer as accións desenvolvidas polo grupo informal Equipo Recicla en Santa Comba.

 

 

As directoras xerais de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, visitaron este luns Santa Comba para coñecer o proxecto ‘Achegando a recicla-compostaxe aos máis pequenos’.

 

Este proxecto levouse a cabo no marco do programa Iniciativa Xove, polo grupo informal Equipo Recicla, formado por mozos do concello de Santa Comba.

 

 

Apoio da Dirección Xeral de Xuventude

 

O proxecto serviu para a instalación de hortos ecolóxicos nas escolas rurais de Boaña, San Cristovo e O Busto, despois da impartición de obradoiros formativos de plantación de hortos e de gastronomía con produtos da terra.Os traballos realizados incluíronse nunha guía. A Dirección Xeral de Xuventude financiou o proxecto con 4.620 euros.

 

Na súa visita, Cecilia Vázquez e María Cruz Ferreira, estiveron acompañadas pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose, pola concelleira Esther Espasandín e polos membros do Equipo Recicla.