A 37 edición da Festa da Carballeira de Zas celebrarase os vindeiros 12 e 13 de agosto, despois de dous anos sen poder cumprir coa súa cita por culpa da pandemia.

A organización xa puxo a venda as entradas na web da Festa da Carballeira e vía ticketrona, e anunciou as primeiras bandas do cartel. E comezan fortes. O venres actuará Heredeiros da Crus e o sábado o grupo escocés Rura.

Sesión vermú máis potente ca nunca

Anuncian sorpresas e unha sesión vermú “máis potente ca nunca”. Con máis artistas que completarán o cartel desta festa tan popular, que continuará co seu carácter solidario, en favor de Aspaber.

Haberá Zona de acampada gratuita con baños e duchas. E con oferta familiar na tarde do sábado, cunha zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e outras actividades.