Cabana estrena un moderno vehículo contraincendios.

0
526

Image
O concello de Cabana de Bergantiños é o primeiro en todo o estado español en contar cun vehículo contraincendios de homologación especial para circular cunha masa autorizada de 3.085 k. A marca deste automóbil contra incendios e salvamento é Nissan Navara 171 CV dobre cabina. A empresa encargada de subministralo foi Bulfuego SL.

Cabana de Bergantiños é o primeiro concello de España en contar cun vehículo contraincendios de homologación especial para circular cunha masa autorizada de 3.085 K.

O concello de Cabana de Bergantiños é o primeiro en todo o estado español en contar cun vehículo contraincendios de homologación especial para circular cunha masa autorizada de 3.085 k. A marca deste automóbil contra incendios e salvamento é Nissan Navara 171 CV dobre cabina. A empresa encargada de subministralo foi Bulfuego SL.

 

O vehículo adquiriuse con cargo a unha subvención concedida a través dos fondos FEDER (Fondos europeos) da Dirección Xeral de Protección Civil, consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Xunta de Galicia) e cunha achega económica do propio concello de Cabana de Bergantiños. O importe final do vehículo roldou os 70.000 euros.

 

Este vehículo está especialmente deseñado para a intervención contra incendios, tanto rurais como urbanos, así como para labores de rescate e salvamento.

As súas características e servizos que ofrece son os seguintes:

· Equipo de extinción Honda de alta presión a 180 bar.

· Depósito e carrocería en aceiro inoxidable e alumnio.

· Ilumniación de traballo mediante led’s.

· Sistema de arrastre de cabestrante para 4.000K.

· Gancho de remolque.

· Rotulación de alta visibilidade nocturna.

· Equipos de respiración autónoma.

Equipamento de protección persoal para os bombeiros.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí