Image
Aínda que nas declaracións dalgúns concelleiros enténdese que é o contrario, os grupos da oposición coristanquesa pretenden desvincular a petición dun pleno extraordinario co caso da presunta apropiación indebida de fondos. O vindeiro xoves celebrárase a comisión informativa previa ó pleno.E nestos días seguen as críticas a xestión do PP.

Se ben é certo que Terra Galega, BNG e PSOE veñen denunciando presuntas irregularidades económicas e de xestión do goberno de Antonio Pensado Plágaro, a ninguén se lle escapa que a presunta apropiación duns 16.000 euros por parte dunha funcionaria municipal foi o que impulsou a que neste preciso momento se solicitara un pleno extraordinario.

Poido non ser a única causa pero sí o motor fundamental da acción. Ou iso é tamén o que escoitamos por boca dalgúns voceiros da oposición en Punto Radio Noroeste. Nun comunicado de prensa, aseguran "os grupos da oposición queren deixar claro que esta petición non derivan dos acontecemento ocurridos nos derradeiros días".

O ambiente segue caldeando nun concello onde o vindeiro xoves se celebra unha sesión informativa para tratar a celebración desde pleno "quente". Polo interese informativo reproducimos a nota de prensa íntegra dos partidos da oposición de Coristanco.

Image

NOTA DE PRENSA- TEGA-BNG-PSOE

Os grupos municipais da oposición teñen manifestado en repetidas ocasións que a xestión que se está a levar polo grupo de goberno de Coristanco é un auténtico desastre, e dende logo non se podía homologar co resto das administracións públicas do noso entorno.

Esto provoca que entre os veciños medre un sentimento de que no concello se vive unha situación de corrupción xeneralizada, onde todo vale, e non hai ningún tipo de cortapisa, nin legal,nin ética, nin moral.Ao Sr. Alcalde non lle pode esquencer que el é o máximo responsable da administración municipal, que esta está organizada segundo as directrices da Alcaldía, e actúa baixo o mandato directo do Alcalde, polo que a actuación da administración local, para ben ou para mal é a súa responsabilidade directa.

Pola forma de xestión que está a realizar a alcaldía, TeGa, PSG-PSOE e BNG, solicitaron un pleno extraordinario este mércores, onde se solicita unha auditoría que abarque todos os anos nos que o actual alcalde exerciu como tal, co fin de aclarar a responsabilidade política que hai en todo esto.

Por outra banda, os grupos da oposición queren deixar claro que esta petición non deriban dos acontecemento ocurridos nos derradeiros días, xa que neste caso, entendemos que é a xustiza quen ten que actuar, sin embargo, dende que se iniciou esta lexislatura, os grupos da oposición veñen denunciando casos de malversación de fondos públilcos e proxectos que se fixeron e que agora están no olvido, e eso é responsabilidade só do alcalde.

Para a oposición, preocúpanos máis a xestión das obras e subvencións que está a ter o concello, xa que nos derradeiros anos non se aprecia o diñeiro que din que se gasta nelas. Ademáis estamos a comprobar como a maioría quedan a medio facer ou aprobadas en presupostos pero logo non saen adiante

.