«Un concelleiro non pode mentir”

0
348

Image
O PP de Carballo vai a pedir explicacións, polo feito de que se “enganara os carballeses” en relación as denuncias da Polícia Local.

“Un concelleiro non pode mentir e pediremos explicacións” aseguran desde o Partido Popular, en relación coas afirmación de Benedito Viña sobre as denuncias da Policia Local con respecto a movida carballesa.

Viña aseguraba que eran “moi poucas” as denuncias no 2009. Un día despois coñecíanse que foran un total de 125. E o luns, en Radio Líder, o alcalde, Evencio Ferrero recoñecía que eran”bastantes”.

Pero os populares entenden que a reacción do alcalde non ten valor: “O alcalde cando se ve pillado súmase a realidade, pero todos sabemos que Benedito Viña actúa ó mandado de Evencio. E aquí enganaron os carballeses”.

“Quedaron en evidencia, nesa teima que ten o Bloque por esconder todo e vender realidades falsas” engadiu o portavoz local, Alberto Sueiro, confirmando que pedirán explicacións o goberno pola declaracións do edil de Seguridade Cidadá.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí