plenocoris2010abrilbng

O BNG de Coristanco presentou alegacións contra o regulamento de funcionamento interno municipal.

 

 

 

O Bloque coristanqués non está dacordo coa pretensión do goberno local de que as sesións plenarias se celebren cada dous meses e as sesións se inicien as seis da tarde. Os nacionalistas creen que estas accións promovidas polo PP “van encamiñadas a limitar a capacidade de presentar iniciativas para o debate dos grupos da oposición”, xa que co cambio de periodicidade a posibilidade de presentar iniciativas queda recurtada.

 

 

 

Tamén lles parece un impedimento o cambio de horario xa que “vailles limitar drasticamente as posibilidades aos veciños de Coristanco de asistir aos debates dos plenos municipais”.

 

 

 

O voceiro municipal, Xosé Manuel Vázquez presentou as seguintes propostas:

 

“Que as sesións plenarias de carácter ordinario do concello de Coristanco teñan periodicidade mensual, posto que a consideramos necesaria para que os plenos acollan a devate as moi numerosas necesidades e peticións dos veciños de Coristanco”.

 

 

 

“ Que as sesións ordinarias pasen a celebrarse os primeiros sábados de mes ás once da mañán, na seguridade de que este horario permitirá devatir en profudidade as políticas a implementar no noso concello, sen caer no risco de que as sesións non rematen antes das doce da noite”.