P7160023

Ofrecemos varias noticias relacionadas cos concellos de Carballo, Ponteceso e Coristanco

Premio Patria e Língua

O vindeiro luns terá lugar a entrega dos premios que concede o BNG de Bergantiños para recoñer as empresas que se distinguen por un uso normalizado do idioma galego. Os premiados este ano sonCentro de Terapias Alquimia, de Laxe; o Centro de TurismoEcuestre O Ventoso, da Laracha; e a Taberna Café O Patacón, de Carballo. O acto desenvolveráse no Pazo da Cultura desde as 21,00h, contando coa presencia do deputado Bieito Lobeira.

 

Travesía de Santa Marta

O alcalde de Coristanco, Antonio Pensado informou do remate das obras na rúa da travesía Santa Marta, que se dotou de recollida de augas pluviais, beirarúas e novo firme. Pensado destacou a mellora que supón a actuación, nunha rúa que levaba varios anos aberta pero sen estes servizos.

 

Área de estacionamento de  autobuses en Corme

A Xunta de Galicia investirá 220.000 euros para a construcción dunha área de estacionamento na localidade de Corme. O servizo instalaráse na rúa dos Remedios e estará composta por unha marquesiña de aceiro inoxidable de 20 metros de longo e unha plataforma para que a xente poida esperar as súas liñas de transporte. A Consellería de Medio Ambiente, colocará o debido mobiliario urbano,bancos, papeleiras, etc.. Esta área foi unha das peticións formuladas polo alcalde José Luís Fondo Aguiar ante o goberno galego.

 

FOTO- TRAVESÍA DE SANTA MARTA EN CORISTANCO