zona-wifi-300x300

PP e PSOE discrepan pola rede wifi municipal.

A rede wifi do concello de Ponteceso motivou as críticas do PSOE e a resposta do Partido Popular.

 

O candidato socialista Lois García Carballido asegura que a rede wifi, que custou 328.489 euros, no da servizo a metade da población, quedando se cobertura o polígono industrial e boa parte do núcleo de Tella, xunto coas localidades de Pazos, Xornes, Tallo e a Bugalleira.

 

O propio Carballido afirmou que el mesmo fixera comprobacións, comentando que a xente estaba defraudada coa falta de criterio do goberno de José Luís Fondo, e que esta situación estaba xerando protestas.

 

Non tardou en difundir un comunicado o alcalde de Ponteceso, Fondo Aguiar, que calificou as afirmacións do PSOE de “barbaridades e mentiras”, poñendo como exemplo que o Polígono industrial sí ten cobertura wifi e que a iniciativa está tendo unha boa resposta cuns douscentos veciños dados de alta como usuarios.

Desde o goberno local lamentan a falta de interese dos socialistas por recabar información sobre Pontewifi, e indican que é a primeira fase e que a rede “seguirá crecendo e mellorando”. Tamén convidan os membros do PSOE a que se den de alta como usuarios.