tejero

Lembranzas do 23-F de 1981. A intentona de Tejero.

A maioría dos medios de comunicación lembran o que sucedeu un 23 de febreiro de 1981. Na Costa da Morte, a noticia tamén impactou e encheu de preocupación as casas e rúas da comarca.

Naquela noite de luns o actual alcalde de Carballo xa era concelleiro da oposición en representación do Bloque Nacional Popular Galego (BNPG) e exercía coma profesor en Cances:

 

“Estábamos nunha asamblea política cando nos avisaron de que se estaban producindo eses acontecementos no Congreso, pero rematamos a xuntanza e logo fixemos chamadas telefónicas, que nos recomendaban non ir para domicilio pero eu fúnme para a miña cada e estiven coa miña familia escoitando as informacións. O día seguinte fúnme a traballar”

 

Evencio Ferrero pensa que aquela reacción cecais fose froito da inconsciencia. Recoñece que seguiu os acontecementos con certa preocupación. No entorno tamén había movementos:

“Nalgúns círculos carballeses, persoas de dereitas celebraron con champán aquel feito e algúns chegaron despois a ser corporativos en Carballo”.

 

O rexidor nacionalista optou por agardar novidades no seu fogar, aínda que conta que foron momentos confusos:

“Había unha precupaciòn e incertidume, eu preferín facer a vida normal, pero houbo compañeiros en Malpica que xa tiñan a disposición un barco para poder fuxir”.

Ferrero Rodríguez destaca que o que en principio semellaba un acto dun grupo de Gardas civís, derivou nun golpe planificado, que non cuallou:

“Non era un acto espontáneo senón unha operación programada que tiña unha certa dimensión pero o final todo quedou na anécdota”