Varias novas para despedir o 2011

0
468

Brantuas

Informacións de Santa Comba, Ponteceso, e da comarca de Bergantiños.

Premios Asociación de Empresarios de Santa Comba

A asociación de empresarios xalleira organiza o vindeiro venres 13 de xaneiro un acto para dar a coñecer os gañadores da última edición da Ruta das Tapas. Será as 19,30h no Hotel Xallas.

 

Reunións da Agrupación Pondaliana

Os membros da Agrupación Pondaliana liderador polo seu concelleiro José Manuel Pose iniciaron unha rolda de conversas nas parroquias. Neste caso tocoulle a aldea de Brantuas onde falaron de varios temas “como arranxo do aparcamento da igrexa, a reparación e a conservación do conxunto de muiños e fontes, da romaría da Virxe do Faro, da limpeza de pistas forestais e da perigosa situación económica na que se atopa o concello”. O seguinte destino da APIN era Anllóns.

 

Peche do Centro comarcal Bergantiños

A decisión da Xunta de Galicia de pechar o centro comarcal situado en Buño-Malpica non xenerou máis que críticas. Xa se desaloxaron as pezas da colección oleira de Luciano García Alén nun recinto no que tamén prestaba os seus servizos o Grupo de Acción costeira. Os alcaldes da zona teñen previsto reunirse o luns do director xeral do Agader.

 

 

FOTO-REUNIÓN APIN EN BRANTUAS

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí